Friday 26 de April de 2024

‘Historias da maletra’, con Raquel Queizás, hoxe na biblioteca de Ordes


Venres, 29 de xaneiro, a biblioteca de Ordes celebrará unha nova sesión da súas ‘Tardes de contos e lendas’. Unha cita que, como de costume, arrancará ás 18.30 horas para ofrecerlles a todos os nenos e nenas a partir de 3 anos historias sorprendentes para desfrutar e vivir en familia. ‘Historias da maletra’ é o título do relato que se ofrecerá, e no que se verá toda a maxia que pode xurdir dunha maleta chea de letras e palabras.

A contacontos Raquel Queizás será a encargada de levar a cabo esta actividade. Ofrecerá unha serie de contos que falan de xente de distintos países e cada unha coas súas particularidades e diferenzas que as fan únicos e únicas. Raquel Queizás está considerada na actualidade unha das narradoras de referencia do panorama escénico galego, especializada en teatro para a infancia e a xuventude.